Presentación da segunda edición do Campamento da Ourensanía

1 1 1 1 1 2015 Cam OU

 

O Deputación de Ourense presentou onte a segunda edición do campamento da Ourensanía «Explora Ourense», un evento de lecer que ten como obxectivo concienciar aos máis novos sobre a importancia da defensa da natureza e do medio ambiente, e ampliar os seus coñecementos sobre o patrimonio material e inmaterial da provincia de Ourense. Esta actividade está promovida pola Deputación de Ourense en colaboración co colectivo Sustinea, e terá lugar entre os días 18 de xullo ao 1 de agosto no albergue do Corgo (Muíños), dirixido a nenos e nenas de entre 9 e 14 anos. O acto de presentación contou coa presenza do asesor de Cultura da Deputación de Ourense, César Fernández, e do representante de Sustinea, Paulo Vázquez.

César Fernández explicou que se pretende crear entre os máis cativos «unha verdadeira conciencia de ourensanía, para que aprecien e coñezan as cousas importantes que nos ofrece a provincia de Ourense en todos os aspectos, dende o cultural ao etnográfico pasando pola nosa riqueza paisaxística, natural e monumental».

Pola súa banda, Paulo Vázquez destacou que se oferta un total de 50 prazas, cun custo de 88 euros por neno, en dúas quendas, unha para franxa de idade de 9 a 11 anos e outra para os de 12 a 14 anos. «Ao longo dos sete días de campamento en cada unha das quendas os monitores actuarán de guías para os rapaces, ensinándolles os recursos naturais e patrimoniais da nosa provincia», comentou Paulo Vázquez, quen deu conta das diversas actividades que se desenvolverán nestas xornadas de convivencia, entre as que figuran roteiros polo paarque natural do Xurés, travesías náuticas, descubertas etnográficas, obradoiros, tiro con arco, orientación, vivaque e xogos. Os interesados poden realizar a súa inscrición a través da web www.exploraourense.com. A data límite de inscrición é o día 12 de xuño.

También te podría gustar...