Presentación da Andaina & Trail do Concello de Bande

Depu_150_100Na sala de xuntas do Pazo Provincial da Deputación de Ourense terá lugar a presentación da Andaina & Trail do Concello de Bande. O acto, que vai ser ás 11:00h, contará coa presenza do asesor de deportes da Deputación, Bernardino González, o deputado de deportes, Juan Anta, o alcalde de Bande, José Antonio Armada Pérez e o técnico en deportes, Jorge Vázquez Álvarez.