Ponte de música, humor e maxia en Quiroga

  • A cervexería Ruxe-Ruxe de Quiroga, fiel ao seu dinamismo cultural e de ocio na zona, organiza unha serie de actividades para esta ponte de decembro que abranguen diferentes disciplinas: música, humor e maxia
  • Todas as actuacións son de balde e están programadas para empezar non máis tarde da medianoite

 

O sábado 3 de decembro terá lugar un gran concerto da banda Maskarpone, grupo musical de Ourense caracterizado polos seus directos, con traxectoria en moitos e importantes festivais de Galicia. En canto a estilo ofrecen unha mestura de reggae e Ska, con pequenos acenos ao rock e á música tradicional. Gran directo e festa asegurada.

O mércores 7 chega dende L’Hospitalet (Barcelona) o cómico Raúl Alcaraz. Un showman enriba do escenario, gran humorista e improvisador e exitoso youtuber (Catal UFO). Percorre España cos seus monólogos, presentacións e eventos privados. O seu espectáculo para auditorios, «Fem L’Humor» vai pola sexta edición.

O venres 9 tócalle o turno á maxia, pero maxia con humor, con participación e interacción do público. O Mago Deimi, galego de Ribadavia, caracterízase polo estilo desenfadado e pola súa técnica con números variados e sofisticados relacionados coa cartomaxia, a manipulación, o escapismo e o mentalismo, as levitacións, a maxia con lume…

cartel_ruxe_ok

MASKARPONE

Maskarpone nace en Ourense no 2009. A primeira formación (Lore- voz, Carlinhos- batera, David- guitarra, Negro- baixo e Elías-guitarra) é a que decide poñerse mans á obra, bautizar a banda e botarse a tocar polo mundo.

Ofrecen unha mestura de reggae e ska, con pequenos acenos de rock e música tradicional.

No 2011 gravan a primeira demo con catro temas (tres propias e unha versión) e, por circunstancias da vida, a banda sofre diversas baixas e incorporacións, o que supón un ano enteiro de reestruturación. Xa no verán de 2012, os Maskarpone voltan ós escenarios tocando un ska contundente en varios festivais e garitos por Galiza adiante (Ourense, Ribadavia, Viana do Bolo, Vigo, Xinzo, Coruña…) intentando transmitir a filosofía orixinal: festa.

En 2014, editaron o primeiro cd.

maskarpone

 

RAÚL ALCARAZ

Traballou na televisión en programas como Un país de chiste (la sexta) ,In-cultura ( canal catalá) e series como «El Cor de la ciutat» (TV3).

Ata a data participou en máis dunha ducia de curtametraxes e varios anuncios publicitarios como por exemplo «El Conan de Hospitalet» (youtube) gañador do Drac de Plata en publicidade de Catalunya.

En canto ao teatro profesionalmente máis de 10 anos de carreira entre teatro clásico, infantil e musical. Actuacións en Catalunya, España e Italia (2 meses)

Como monologuista, carreira meteórica de máis de 5 anos con máis de 500 actuacións ás súas costas. Actuacións en Catalunya, Baleares, Andorra e Galicia. Finalista do 1º Concurso de Monólogos en catalán de Andorra no 2013 e éxito viral en Catalunya no 2015 co seu video «N Geminada». Tamén no 2015 e 2016 rotundo éxito en teatros do espectáculo «Fem L’Humor».

lh4

 

MAGO DEIMI

Ofrécenos un espectáculo de maxia moi variada e divertida onde predomina o seu dinamismo cun estilo cómico e desenfadado. Tamén cabe destacar a variedade de xogos: cartomaxia, manipulación, escapismo, mentalismo, maxia bizarra, levitacións, maxia con lume, maxia con animais (coello, peixes.), aparicións e desaparicións, transformacións…

Todo acompañado de moi bo humor, música de fondo para marcar o ritmo da maxia e a participación activa do público. Ao facer partícipe do espectáculo aos asistentes, a maxia faise mais crible e inesquencible para eles.

deimi_cartas

También te podría gustar...