Os Bombeiros rescatan a un home que caeu na Fervenza Fontelo, en Celanova

2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Os efectivos do parque comarcal de Celanova rescataron esta noite a un home que caeu nunha fervenza ao intentar salvar ao seu can, que se precipitara dende o alto da mesma. Segundo relataron os Bombeiros, o varón fracturouse unha perna, ao rodear a fervenza en busca dun atallo que o levara ata o animal.

O ferido foi trasladado polos servizos sanitarios e os seus familiares encargáronse de trasladar ao can.

O propio implicado foi quen alertou ao CAE 112 Galicia, ao fío das 22:30 horas desta noite, e indicou que non se podía mover.

Ademais, a zona na que se atopaba era de difícil acceso para os medios de rescate. O persoal do 112 Galicia puxo en marcha un operativo no que participaron, ademais dos Bombeiros, a Garda Civil, Urxencias Médicas e Protección Civil de Celanova.

También te podría gustar...