Os Bombeiros de Valdeorras se uniron durante a noite á busca do home desaparecido na Rúa

2011-11-28_IMG_2011-11-28_20-02-11_112Os efectivos do parque comarcal de bombeiros do Barco de Valdeorras se uniron durante a noite ao operativo de busca do home de 70 anos perdido no Monte Vilela, na Rúa.

Os bombeiros empregaron unha cámara términa na procura de indicios que axuden a descubrir o paradoiro do desaparecido. Sen embargo, avanzada a madrugada, se retiraron con resultados negativos. A primeiras horas desta mañá, os membros do GES da Gudiña reactivaron a busca, á que se irán incorporando máis efectivos e voluntarios de Protección Civil ao longo do día.

O home, de 70 anos de idade, perdeuse no Monte Vilela ás nove da mañá do pasado mércores.

A Garda Civil iniciou a busca e solicitou reforzos ao 112 Galicia, que, ademais de Protección Civil da Rúa, avisou aos voluntarios de Petín.

Durante as primeiras horas da súa desaparición, tanto o persoal do CAE 112 como os seus familiares mantiveron contacto telefónico co home perdido.

En varias ocasións, os xestores do 112 pedíronlle que chamara dende o seu móbil á central para poder afinar así a súa localización. O señor, desorientado, aseguraba que as feridas que tiña nos pés lle impedían camiñar ata unhas casas que vía a poucos metros. Co paso das horas, perdeuse a comunicación con el.

También te podría gustar...