• A Xunta colabora coa 30ª edición da campaña Operación Quilo organizada pola Asociación Xuvenil Amencer de Ourense

image_gallery-5

 

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, asistiu á presentación da 30ª campaña Operación Quilo, organizada pola Asociación Xuvenil Amencer, co obxectivo de recoller quilos de alimentos, xoguetes e roupa para entregar ás familias máis necesitadas de Ourense no tempo de Nadal.

O acto incluíu un xesto simbólico -que a entidade organizadora denomina “Quilos por alimentos”- que consiste na doazón, por parte de distintas institucións e asociacións ourensás, do peso dos seus representantes en quilos de alimentos ou diñeiro que se destinen integramente á campaña.

image_gallery-6