• Silvia Dorado asiste á entrega do Premio Cidade de Ourense da XXI edición do OUFF

031116ouff-escola-2016-3

 

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, asistiu esta mañá no acto de entrega do premio Cidade de Ourense da XXI edición do Festival de Cine Internacional de Ourense, o OUFF, certame que promove o Concello en colaboración coa Axencia Galega das Industrias Culturais (Agadic).

O acto, que tivo lugar no Liceo ourensán, contou coa presenza do alcalde, Jesús Vázquez Abad; o vicepresidente da Deputación ourensá, Rosendo Fernández; o subdelegado do Goberno, Roberto Castro; a concelleira de Cultura, Belén Iglesias; e o director do festival de cine OUFF, Fran Gayo.

O galardón recaeu no cineasta Olivier Laxe, un fillo de emigrantes galegos afincado na Coruña e quere recoñecer o seu labor de creación e difusión do cine galego fóra das nosas fronteiras.

031116-premio-ouff