O SERGAS tramita a cesión do contrata de Limpeza de LINORSA ante o impago aos traballadores

  • LINORSA é adxudicataria do servizo de limpeza de parte dos Centros de Saúde da provincia e mantén impagos cos traballadores, pese aos reiterados exhortos do Sergas para que solvente a situación
  • A cesión do contrato de limpeza a outra empresa permitirá dar resposta a situación aos traballadores, fortalecendo as garantías de cobro e mantendo o servizo

SERGASA Dirección de Recursos Económicos da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense iniciou os trámites de cesión do contrato con LINORSA, responsable da limpeza dunha parte dos centros de saúde da provincia, a outra empresa, ante a situación xerada polo impago das nóminas dos traballadores desta concesionaria.

Con esta iniciativa, os responsables do Sergas en Ourense teñen por obxectivo garantir os dereitos destes traballadores e o mantemento do servizo de limpeza, nos centros de saúde nos que operaba LINORSA, vintetres dos mais dun centenar que ten o Servizo Galego de Saúde en toda a provincia.

A cesión da adxudicación deste concurso compromete -tanto a LINORSA como a empresa que se faga cargo desta cesión- a cumprir cos dereitos dos traballadores, saldando súa débeda con eles e fortalecendo as garantías de cobro. Xunto a elo, a Dirección de RR.EE. do Sergas en Ourense comprometeuse a non devolver a LINORSA o aval, depositado ao facerse cargo da adxudicación deste contrato, ata que a empresa cumpra súas obrigas legais e económicas cos traballadores.

También te podría gustar...