SERGASsergO Servizo Galego de Saúde, na actualidade, continúa a prescribir os tratamentos a aqueles pacientes reclusos que están afectados pola Hepatite C, tal e como lle confirmou o director xeral de Asistencia Sanitaria, Ramón Ares, aos representantes das asociacións de pacientes na xuntanza que mantiveron onte na Consellería de Sanidade.

Na reunión falouse, a petición das asociacións de pacientes, da situación do tratamento dos reclusos afectados pola Hepatite C, e dende o Servizo Galego de Saúde aclarouse que a situación deste colectivo de pacientes non variou nos últimos anos, sendo a mesma que para o resto de patoloxías con tratamentos ambulatorios.

Neste eido, Ramón Ares explicou que a prescrición a continúan a facer facultativos especialistas do Sergas, mentres que a dispensación faise dende Institucións Penitenciarias.