O novo paso subterráneo de O Barco sobre a vía do tren será inaugurado cunha festa veciñal nos vindeiros días

  • O alcalde o anunciou nunha comisión de obras na que Riada Cidadá plantexou unha “batería” de propostas para o municipio
Inicio das obras do paso subterráneo o pasado mes de xaneiro

Inicio das obras do paso subterráneo o pasado mes de xaneiro

 

A Comisión de Obras do Concello de O Barco mantivo unha reunión nos últimos días na que o alcalde, o socialista Alfredo García, anunciou que vaise a acometer a limpeza e adecuación da escollera que está por baixo do Camiño Real e a Praza Maior  e que en breve será inaugurado o novo paso subterráneo da vía do tren da vila, entre a rúa Caleras e a rúa Santa Rita, cunha festa vecinal para celebralo.

Tamén se adecuará unha escollera o carón do Sil

Tamén se adecuará unha escollera o carón do Sil

 

Vila do Castro

O Castro

Así o deu a coñecer o grupo municipal de Riada Cidadá, que lidera Félix García Yáñez, quen plantexou unha “batería” de propostas previas o vindeiro pleno de maio. No asunto da compra dun solar, unha casa vella de 60 m2,  na vila de O  Castro para facer apartamentos para mozos, “sobre a que o arquitecto xa ten a oferta orientativa que propoñer aos propietarios”, Félix García recordou a necesidade de retirar unhas columnas de formigón levantadas sobre un camiño público, ao carón da casa que se quere mercar, “que os veciños veñen reclamado dende hai ano”..

Riada tamén interesouse por si o concello estaba ao corrente do conflito que se está a dar entre varios veciños de Veigamuiños e a Proba a raíz da instalación dunha cadea que impide o paso por un camiño tradicional no lugar da Devesa. O alcalde afirmou que estábase a facer un informe para en base a el restaurar a situación de dominio público e Riada  insistiu en non demorar moito a resolución.

Na xuntanza tamén se abordou a disolución do Consorcio comarcal de bombeiros e a cesión dos activos ao consorcio provincial de Ourense. Neste senso, Riada preguntou a canto ascendían os activos do Concello, “ao que contestou que a única achega do Concello de O Barco foran 5.000 euros para a compra dun camión-escaleira hai máis de 15 anos”, explicou García.

Tamén se tocou a proposta da alcaldía de convenio de colaboración co Inorde para a execución do plan director do Xeodestino Manzaneda-Trevinca, un consorcio para promover o turismo na zona que se financia con achegas institucionais e cas dos 13 concellos que o integran. Riada espuxo que non é xusto que todos os concellos tivesen a mesma representación no consorcio, “un por Concello, cando O Barco aporta o 36,6% da seu financiamento” e pediu que se revisase este apartado. O alcalde explicou que se non fose así non se podería constituír o consorcio.

Riada Cidadá tamén preguntou pola oferta que e fixo ao Concello para levar o mantemento e o control sanitario das traídas parroquiais por un costo de 21.110 euros anuais e propuxo que antes de decida, o grupo de gobernó invite  a outras empresas a facer ofertas para comparar prezos e servizos, un asunto que o grupo de goberno deixou para resolver máis adiante.

No apartado de rogos e preguntas, Riada expuxo que os veciños non entenden que se contrate a dúas empresas para facer a limpeza das cunetas por un montante de 18.273 euros máis IVE, “cando dispoñemos dos Grupos de Emerxencias Supramunicipal (GES) que poden realizar esa tarefa”. Pola súa banda, o concelleiro de Obras argumentou que “nos dispoñemos dun tractor adaptado para facer ese traballo”,  ao que Riada contestoulle que se podería alugar cun resultado de prezo final dos traballos moito máis barato.

Riada tamén plantexou a necesidade de limpar e acondicionar cunetas e zonas verdes cheas de maleza.

También te podría gustar...