•  O día propio de San Martiño vivirase na Praza Otero Pedraio con moitos bullotes e viño
Plaza de Viloria en sus fiestas este verano

Praza de Viloira nas festas 2016

 

Hoxe venres, 11 de novembro,  O Barco celebra o seu magosto. Será en Viloira, na Praza Otero Pedraio, a partires das 19,00 horas. Nesta ocasión,  a festa estará amenizada por Os Bertolini de Manzaneda.

O Concello de O Barco conta na súa páxina web que “dende o ano 1978, no que se conmemoraba o 400 aniversario da fundación da vila do Barco, o magosto de Viloira veuse convocando de xeito ininterrompido ligado á data do seu patrón. Algo semellante ao que se facía no Antigo Réxime cando polo día de San Martiño se subastaba a barca de pasaxe que unía Viloira co Barco e se celebraba en común, ao convidaren os arrendatarios á concorrencia a un cornecho de pan de Vilafranca e un cuartillo de viño (segundo recolle Angel Fernández no semanario Aquiana núm 834 de 21 de xullo de 1988)”.

Un ano mais, a institución local anima ós veciños a compartir esta xornada de bullotes e viño tan popular.