O DOG publica hoxe a formalización do novo contrato do servizo de atención e información á cidadanía da Xunta, o 012

Cabecera-Diario-Oficial-Galicia_EDIIMA20121201_0107_13diarO Diario Oficial de Galicia publica hoxe a formalización do novo contrato do servizo de atención e información á cidadanía na Xunta de Galicia, o teléfono 012, que coma novidade integra o número de información turística; o de información e facturación electrónica e Redexga; e amplía a área de discapacidade.

A Xunta de Galicia, a través da Vicepresidencia e consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, autorizou recentemente a licitación do contrato do servizo de atención e información ao cidadán na Xunta de Galicia a través do teléfono 012, que constitúe un sistema integrado de xestión dotado dos compoñentes tecnolóxicos e dos servizos necesarios para facilitarlle á cidadanía as súas relacións coa Xunta de Galicia.

Con esta nova contratación, o 012 incorpora tres novas áreas; o Servizo de información Turística, o que supón un reforzó a unha das principais fontes de ingresos da nosa Comunidade Autónoma; o Servizo de información sobre reclamacións de facturación eléctrica, facilita asesoramento á cidadanía sobre as facturas de enerxía eléctrica, que xeran un número elevado de consultas e reclamacións debido á súa complexidade; e o Servizo de información e soporte á xestión da citación para o recoñecemento na área da discapacidade, engádese ademais da xestión das citas de discapacidade, a información xeral e a información particular sobre esta área.

Durante estes catro anos, as vantaxes obtidas con esta centralización foron múltiples, non soamente dende o punto de vista económico senón como mellora na calidade da atención e información cidadanía, dando lugar a que a data de hoxe o Teléfono 012 este consolidado como a referencia telefónica da Xunta de Galicia para a cidadanía.

Máis de 6 millóns de aforro
A unificación destes servizos telefónicos constituíu unha medida máis de racionalización e eficiencia na xestión do gasto dentro das tomadas polo actual goberno da Xunta de Galicia. Concretamente, a centralización do 012 representa un aforro de máis de seis millóns de euros nestes catro anos; ademais de supor unha mellora da xestión dunha información fiable, concreta e inmediata, que é o obxectivo primordial deste servizo.

También te podría gustar...