O Concello de A Veiga invirte 152.000 € na mellora de camiños de acceso ós pobos e as fincas forestais

  • O obxectivo e mellorar as infraestructuras que están en mal estado no municipio e a calidade de vida dos veciños

 

Requeixo (A Veiga)

Requeixo (A Veiga)

O Concello de A Veiga executará unha inversión de 152.000 euros na mellora dos núcleos rurais. Concretamente, rehabilitará infraestructuras da rede viaria para facilitar á accesibilidade ós núcleos de poboación e ás fincas agrarias e forestais co obxectivo de mellorar a calidade de vida dos seus veciños e veciñas.

Deste xeito, realizará unha reforma de camiños municipais de acceso a explotacións agrarias en Valdín e Corzos cun orzamento total de 60,642,78 euros, montante cofinanciado por “Agader” e os Fondos Feader.

Tamén, a institución local que preside Juan Anta Rodríguez, mellorará os camiños rurais de Prado e Requeixo cun orzamento de 50.000 euros, actuación cofinanciada por la Deputación provincial de Ourense.

Tamén  acondicionará e pavimentará infaestructuras viarias en Santa Crisitina e San Fiz cun orzamento que ascende a 42.350 euros, cofinanciados pola Dirección Xeral de Administración Local.

O alcalde, Juan Anta, sinala que o Concello mellora así os núcleos rurais do municipio co obxectivo de paliar o mal estado de infraestructuras deficientes, evitar o éxodo e a despoboación do medio rural.

 

También te podría gustar...