O CHUO lamenta o violento incidente con armas

  • A Dirección do complexo agradece a rápida actuación do seu persoal e dos corpos e forzas de seguridade
  • O Complexo Hospitalario Universitario lamenta o violento incidente rexistrado no seu reciento

SERGASAnte os violentos sucesos producidos antonte dentro do recinto do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, a dirección desexa agradecer a actuación do seu persoal sanitario e de seguridade, así como a rápida resposta dos corpos e forzas de seguridade, que evitaron unha maior gravidade dos acontecementos.

O uso de armas é sempre rexeitable, máximo nun entorno hospitalario, inviolable segundo tódalas convencións internacionais, polo que non hai nada que xustifique seu uso, poñendo en risco a vida das persoas que precisamente acoden a el para recibir asistencia.

Hai que agradecer que, á hora na que se produciron os feitos, na entrada principal non se había moita circulación de público ou persoal, polo que tan só se rexistraron dous feridos, que foron atendidos polo Servizo de Urxencias e dados de alta ás poucas horas.

En prevención de novos incidentes, a dirección da Xerencia de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde en Ourense, en coordinación cos corpos e forzas de seguridade, ven de reforzar as súas medidas de seguridade e mantense en contacto coas autoridades policiais e xudiciais, para aportarlle toda a información que precisen para esclarecer os feitos.

Pese aos momentos de tensión vividos onte, tanto desde o servizo de urxencias como no resto de servizos, a asistencia sanitaria desenvolveuse, en todo momento, con normalidade, motivo para agradecer unha vez mais á admirable profesionalidade e compromiso do persoal.

También te podría gustar...