O BNG denuncia o deficiente funcionamento da Biblioteca Municipal do Barco

11111909_823824287712237_2554155034144364018_n

 

O BNG denuncia o deficiente funcionamento da Biblioteca Municipal do Barco. Estas deficiencias afectan a distintos aspectos.

O BNG considera imprescindible, ante a ampla demanda da poboación existente, que a biblioteca amplíe o horario de apertura. Na actualidade, só permanece aberta polas tardes, facéndose necesaria tamén a súa apertura polas mañás, polo menos outras tres horas.

As bibliotecarias, ao ter un horario limitado ás tardes, non poden dedicarse a outras actividades que tamén debería promover unha biblioteca pública.

la foto 2

 

O BNG esixe a dotación dun depósito apropiado no soto para colocar os libros que non están na sala. Na actualidade os libros amontóanse en caixas e bolsas, ao lado dunhas escaleiras. A estes montóns de caixas e bolsas ten acceso o público, sen ningún tipo de control.

Todas estas incidencias que vimos denunciando fai que a correcta custodia dos fondos bibliográficos da Bilblioteca Pública do Barco sexa moi difícil, constatándose a desaparición de libros.

la foto 1

 

Por outro lado, o BNG esixe a dotación de material apropiado para as distintas salas. Material que debe ter en conta se as necesidades son de estudo e investigación ou de lectura.

O BNG considera que un concello ten que coidar e mimar un ben cultural como é unha biblioteca pública.

la foto 3

También te podría gustar...