O Barco celebra o Día das Letras Galegas nun acto de exaltación do galego na Praza Maior

4cc8bf9c98O Barco celebra o Día das Letras Galegas nun acto de exaltación do galego na Praza Maior.

O domingo 17M a Festa das Letras reunirá rapsodos de Gargallada Teatro, que ofrecerán unha escolma de textos literarios; alumnos e alumnas da Escola de Música do Barco formando un grupo de música galega; pandeireteiras da agrupación Abertal da Rúa, con cantares populares da cultura agraria; o grupo de música folk Tornaxeira, que asenta os seus alicerces na tradición musical galega tanto en composicións propias como recollidas; o cantante Sito, que ofrecerá versións de cancións de Amancio Prada, Luis Emilio Batallán, Andrés do Barro ou Benedicto. Será, en definitiva un percorrido literario e musical polos eidos da nosa lingua para festexar o seu Día.

También te podría gustar...