O astroturismo na Veiga e a Praza Seoane en Larouco terán unhas axudas que se aprobaron onte na Xunta de Goberno da Deputación de Ourense

  • A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aprobou axudas por valor de 656.772 euros para infraestruturas, cultura e deporte
  • O Concello da Veiga para actividades e promoción do astroturismo por importe de 22.000 euros
  • O Concello de Larouco,  13.553,71 euros, para adecuación e mellora na Praza Seoane

0 XG 111215

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada onte no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 656.772,71 euros para os ámbitos de infraestruturas, cultura e deporte en favor de concellos e asociacións da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 11 de decembro.

Plaza Campo Seoane (Larouco). Foto: Archivo

Praza Seoane (Larouco). Foto: Archivo

No ámbito de infraestruturas, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda por valor de 13.553,71 euros para o Concello de Larouco para adecuación e mellora na Praza Seoane. Outra das axudas aprobadas foi a favor do Concello de Oímbra para a ampliación da Casa do Concello por importe de 50.000 euros.

No ámbito de cultura, aprobaron unha axuda a favor do Concello de Rairiz de Veiga por valor de 9.000 euros para a organización da Romaría da Saínza 2015. E outra axuda ao Concello da Veiga para actividades e promoción do astroturismo por importe de 22.000 euros. Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda a favor da Federación de Asociacións de Veciños do Carballiño para gastos de funcionamento correspondentes ao ano 2015, por importe de 7.219 euros. Ademais aprobaron as bases reguladoras do concurso para a concesión de subvencións para o fomento do termalismo saudable e a cultura termal na provincia de Ourense corresponde ó exercicio 2016 cunha contía máxima dispoñible de 70.000 euros.

No ámbito deportivo, a Xunta de Goberno aprobou as bases reguladoras para a concesión de axudas a clubs deportivos de Ourense para o ano 2016 cunha contía máxima dispoñible de 400.000 euros e as axudas serán de 24.000 como máximo para cada beneficiario. Tamén aprobaron as bases reguladoras para a concesión de axudas para as Copas Deputación 2016 cunha contía máxima dispoñible de 85.000 euros.

También te podría gustar...