O alcalde de Esgos, primeiro rexedor local que recibe Manuel Baltar na nova etapa ao fronte da Deputación

Manuel BaltarO presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, reuniuse onte no Pazo Provincial co alcalde de Esgos, Mario Rodríguez, primeiro rexedor local que recibe o presidente do goberno provincial na nova etapa iniciada onte, o cuadrienio político 2015-2019.

Baltar e Rodríguez analizaron temas referidos a infrestruturas, cultura, servizos sociais e medio ambiente, ademais de abordar os avances acadados no que atinxe á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial, tema sobre o que se celebrará unha reunión o vindeiro sábado, 18 de xullo, no Mosteiro de San Pedro de Rocas, na que participarán os presidente das deputacións de Ourense e Lugo, Manuel Baltar e Elena Candia; o conselleiro de Cultura e o Valedor do Pobo, para tratar do estado de tramitación da candidatura e onde o Valedor fará entrega ao conselleiro de Cultura dos informes técnicos para o expediente de declaración da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial.