O 061-Galicia asistiu a 84 persoas por 56 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 2 de outubro ata as 23:59 horas do domingo 4 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 66 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a un total de 84 persoas debido a 56 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 2 de outubro ata as 23:59 horas do domingo, 4 de outubro. O día da fin de semana que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 22 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 66 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 56 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 84 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 61 e 39 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 36 por cento dos atendidos tiña entre os 20 e os 34 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 24 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

19
Lugo
6
Ourense
7
Pontevedra
24
Galicia
56

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia medicalizada acudiu a sete sinistros, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 54 ocasións, e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en tres ocasións. As ambulancias convencionais mobilizáronse en oito ocasións.

En 72 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 11 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e unha persoa faleceu no punto.

También te podría gustar...