O 061-Galicia asistiu a 64 persoas por 52 accidentes de circulación durante a fin de semana

  • Dende as 15:00 horas do venres 29 de xullo ata as 23:59 horas do domingo 31 de xullo, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 64 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 64 persoas debido a 52 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 29 de xullo ata as 23:59 horas do domingo, 31 de xullo. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 21 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 64 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 52 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 64 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 75 e 25 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 27 por cento dos atendidos tiña entre os 25 e os 39 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

18
Lugo
5
Ourense
6
Pontevedra
23
Galicia
52

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 72. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en cinco sinistros, o helicóptero medicalizado asistiu en tres ocasións, as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 53 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en oito ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en tres sinistros.

En 50 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 12 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no lugar do accidente.

También te podría gustar...