• Dende as 15:00 horas do venres 30 de setembro ata as 23:59 horas do domingo 2 de outubro, a Central de Coordinación de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 recibiu 55 chamadas por accidentes de tráfico
Foto: Archivo

Foto: Archivo

Urxencias Sanitarias de Galicia-061 asistiu durante a fin de semana a 62 persoas debido a 49 accidentes de tráfico ocorridos nas estradas galegas. O período contabilizado comprende dende as 15:00 horas do venres, 30 de setembro ata as 23:59 horas do domingo, 2 de outubro. O día que rexistrou máis incidentes foi o domingo con 19 accidentes.

A Central de Coordinación do 061, que xestiona e coordina os servizos prehospitalarios en casos de urxencia e emerxencia en toda Galicia, recibiu nestes días 55 chamadas en relación cos accidentes de tráfico. Estas alertas xeraron 49 asistencias sanitarias por parte do persoal do 061 que atenderon a un total de 62 persoas. A proporción de homes e mulleres atendidos foi do 69,5 e 30,5 por cento respectivamente. Nas idades dos feridos, obsérvase cun 34 por cento dos atendidos tiña entre os 30 e os 44 anos.

Por provincias foi Pontevedra a que rexistrou máis accidentes con 23 sinistros de tráfico durante os desprazamentos destas datas.

Provincia
Accidentes

A Coruña

13
Lugo
7
Ourense
6
Pontevedra
23
Galicia
49

 

Os recursos sanitarios mobilizados polos médicos que atenderon as chamadas na Central de Coordinación do 061 foron 70. Así, a ambulancia medicalizada acudiu en tres sinistros, o helicóptero medicalizado atendeu realizou tres asistencias as ambulancias asistenciais mobilizáronse en 56 sinistros e os médicos de Atención Primaria que medicalizan as ambulancias asistenciais do 061, no caso de necesitalo, prestaron asistencia sanitaria en seis ocasións. As ambulancias convencionais asistiron en dous sinistros.

En 53 casos os feridos foron trasladados aos centros sanitarios correspondentes, en 7 ocasións atendeuse no propio lugar do incidente sen necesitar traslado e dúas persoas faleceron no punto do accidente.