Nun comunicado, Riada Cidadá, fai fincapé como os médicos e enfermeiras do Centro de Saúde de O Barco están indefensos ante os recortes da Xunta

Asamblea riada cidadá (6)

Nun comunicado, Riada Cidadá, fai fincapé como os médicos e enfermeiras do Centro de Saúde de O Barco están indefensos ante os recortes da Xunta.

Dende Riada Cidadá queremos trasladar o profundo malestar e a preocupación que nos transmitiron membros do Equipo de Saúde de Atención Primaria do Barco de Valdeorras, que dende o pasado 7 de abril de 2015 conta cun efectivo menos no seu equipo, en concreto cunha médica da quenda de tarde que foi trasladada a outro Área de Saúde. A pesar de que este traslado era coñecido polos responsables da dirección dende hai meses, esta profesional non foi substituída, o que supón unha absoluta falta de previsión que repercute directamente no servizo e a calidade asistencial dos pacientes do consultorio de O Barco, un feito que se suma ás xa precarias condicións laborais que estes profesionais da saúde veñen padecendo dende a posta en marcha do Real Decreto 16/2012 do 20 de abril de “medidas urxentes para garantir, mellorar a calidade e seguridade das prestacións sanitarias”.

Os médicos e enfermeiras do Centro de Saúde do Barco reuníronse co médico xefe do servizo para expresarlle o seu total rexeitamento a este recorte encuberto e imposto dende a Xunta de Galicia. Así mesmo, asinaron un escrito no que detallaban todas as súas queixas. Non obstante, este médico negouse a trasladar o escrito ás instancias superiores, así como a deixar constancia mediante acta da reunión. Ante esta indefensión, propia de tempos caciquís, os profesionais deste Centro de Saúde desexan que se coñeza unha situación que prexudica gravemente o seu servizo, que non é outro que a saúde dos cidadáns do Barco.

También te podría gustar...