Nova botica en Seoane para normalizar o abastecemento de medicamentos

  • A apertura da nova botica de Seoane, en Folgoso co Courel, nos próximos días normalizará o abastecemento de medicamentos

image_gallery-2

 

A nova botica de Seoane, no concello de Folgoso do Courel, comezará a dar servizo nestes próximos días, o que suporá a normalización no abastecemento de medicamentos a esta poboación.

A apertura da nova botica vén solucionar o problema que estaba a acontecer na zona, a raíz dos problemas que tiña a anterior botica para abastecer axeitadamente a este núcleo, como puido constatar a Consellería de Sanidade a través do Servizo de Inspección Farmacéutica. Ante isto, a Consellería estivo a traballar, en coordinación co Concello, para axilizar ao máximo posible a normalización no abastecemento de medicamentos na localidade.

 

También te podría gustar...