• A rede CeMIT conectará a máis de 1.400 nenos e nenas de toda Galicia con Papá Noel a través de videoconferencia
  • Alumnado de entre 3 e 7 anos de 29 concellos das catro provincias participarán nesta actividade entre os días 10 e 18 de decembro
  • Por oitavo ano consecutivo a rede CeMIT dará soporte técnico á conexión con Laponia
  • Os nenos e nenas do Condesa Fenosa (O Barco) conectarán o xoves 10 de decembro as 11:30 horas

 

papa-noelEntre os días 10 e 18 de decembro máis de 1.400 alumnos de educación infantil de 29 concellos de Galicia poderán realizar as súas peticións de Nadal a Papá Noel grazas á rede de videoconferencia das aulas CeMIT, presentes en todas as comarcas galegas.

Así, os escolares de Educación Infantil de Marín, Betanzos, Sarreaus, O Barco e As Pontes serán os primeiros que reciban esta visita nas aulas CeMIT sitas nestes concellos. Este intercambio de mensaxes comezará o xoves 10 de decembro a partir das 10 da mañá, cunha visita de media hora en cada aula.

Por toda Galicia
Nos seguintes días, ata o 18 de decembro, conectarán con Laponia as aulas CeMIT de Abegondo, A Fonsagrada, Barreiros, Beariz, Boiro, A Cañiza, Carballedo, Castrelo do Miño, Castro Caldelas, Catoira, Celanova, Cerceda, Fisterra, Manzaneda, Marín, Muros, Narón, Ortigueira, Quiroga, Santa Comba, Valga, O Vicedo, Vilagarcía, Vimianzo e Xunqueira de Ambía, ata completar as 28 localidades que recibirán a visita virtual do noso Papá Noel.

Ademais dos alumnos de educación infantil dos diferentes colexios de Galicia, tamén terán a posibilidade de solicitar en directo os seus agasallos a Papá Noel o alumnado do Centro
Pai Menni de persoas con discapacidade de Betanzos e as persoas con trastorno do espectro autista da Asociación Bata de Vilagarcía de Arousa

O obxectivo desta actividade, que neste ano cumpre o seu oitavo aniversario e que conta cun gran interese entre a comunidade educativa, será o de establecer unha comunicación cara a cara entre Papá Noel e os nenos e nenas destas localidades, que poderán falar e interactuar con el poucos días antes da Noiteboa, cando se atendan as peticións de agasallos de todos os nenos do mundo.

Con este tipo de experiencias, a rede CeMIT da Xunta de Galicia busca converter estas aulas multimedia en puntos de encontro dos municipios e dar a coñecer todas as posibilidades que ofrece este tipo de espazos de comunicación e a tecnoloxía da que dispoñen.

A Rede CeMIT
logotipo_cemitA Rede CeMIT (Rede de Centros para a Modernización e a Inclusión Tecnolóxica), está integrada por 98 aulas, presentes en 92 concellos e 53 comarcas co obxectivo de promover o uso das novas tecnoloxías entre a poboación, con especial atención aos colectivos máis afectados pola fenda dixital, fomentar a formación dixital entre os profesionais galegos e mostrar á pemes e micropemes as vantaxes da sociedade da información.

Ademais do Plan de Formación, a Rede CeMIT desenvolve campañas de sensibilización e divulgación da importancia e beneficios das TIC entre a cidadanía, empresas e outros colectivos coa organización de charlas e conferencias. Paralelamente, a maioría dos centros da Rede contan co servizo de “aula aberta”, que posibilita o acceso libre e de balde dos usuarios á utilización do equipamento co apoio e asesoramento dun axente especializado.

Horarios completos

XOVES
10 DECEMBRO

10:00

MARÍN

CPI Inmaculada

10:30

BETANZOS

Escola Municipal

11:00

SARREAUS

CEIP Sarreaus

11:30

BARCO, O

Condesa de Fenosa

12:00

PONTES, AS

CEIP Santa María

13:00

PONTES, AS

CEIP Santa María

VENRES
11 DECEMBRO

10:00

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

10:30

BETANZOS

Centro Pai Menni

11:00

CELANOVA

CEIP Curros Enríquez

11:30

ORTIGUEIRA

CEIP José Mª Lage

12:00

CELANOVA

CPR Sagrado Corazón

12:30

BOIRO

CEIP Escarabote

LUNS
14 DECEMBRO

10:00

NARON

CPR Jorge Juan

10:30

CAÑIZA, A

CPI da Cañiza

11:00

CAÑIZA, A

CEIP de Valeixe

11:30

CATOIRA

CPI Progreso

12:00

SANTA COMBA

CEIP Barrié de la Maza

12:30

CERCEDA

CPI O Cruce

13:00

VILAGARCÍA

EEI Vagalume

MARTES
15 DECEMBRO

10:00

MUROS

EEI de Muros

10:30

BARREIROS

CEIP San Miguel de Reinante

11:00

XUNQUEIRA DE AMBIA

Colexio Padre Crespo

11:30

FONSAGRADA, A

CEIP Santa María – Escola Infantil Galiña Azul

12:00

ABEGONDO

CEIP San Marcos

12:30

CERCEDA

CPI O Cruce

MÉRCORES
16 DECEMBRO

10:00

NARON

CEIP Ponte de Xuvia

10:30

FISTERRA

CEIP “Areouta”- CP “Mar de Fora”

11:00

VALGA

CRA de Valga

11:30

FISTERRA

Colexio Nosa Señora do Carme

12:00

VALGA

CRA de Valga

12:30

BARREIROS

CEIP San Cosme de Barreiros

13:00

VILAGARCÍA

CEIP Piñeiriño

XOVES
17 DECEMBRO

10:00

VICEDO, O

CEIP Vicedo

10:30

VIMIANZO

CEIP San Vicenzo

11:00

CASTRELO DO MIÑO

CEIP Castrelo de Miño

11:30

VICEDO, O

CEIP Vicedo

12:00

BEARIZ

CEIP Beariz

12:30

CARBALLEDO

Xosé Luis Taboada

13:00

CARBALLEDO

A Barrela

VENRES
18 DECEMBRO

10:00

VILAGARCÍA

BATA – Autistas

10:30

MANZANEDA

CEIP Manzaneda

11:00

CASTRO CALDELAS

CPI Virxe dos Remedios

11:30

QUIROGA

CEIP Quiroga