Medio Rural e Mar permite de novo desde mañá a tramitación de permisos para facer queimas agrícolas e forestais

Foto Archivo

Foto Archivo

A Consellería do Medio Rural e do Mar permite desde mañá volver tramitar permisos para facer queimas de acordo coa normativa de aplicación, debido á diminución de risco de incendios forestais por condicións meteorolóxicas. A realización de queimas de restos agrícolas e forestais quedou prohibida o pasado 19 de marzo, debido ás condicións de temperatura e vento desfavorables para a correcto desenvolvemento deste tipo de prácticas.

A partir de mañá poderanse realizar as comunicacións e solicitudes de autorización de queimas a través do teléfono 012, do centro de atención aos cidadáns da Xunta de Galicia, de acordo co establecido no artigo 34 da Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.

Deste xeito, os cidadáns que desexen queimar restos agrícolas nas zonas que determina a devandita lei nos períodos habilitados para facelo poderán cumprir coa esixencia de comunicación previa, así coma solicitar a autorización preceptiva en caso de queima de restos forestais. En todo caso, cómpre lembrar que as autorizacións e comunicacións deixan de ter validez nos días que hai vento e altas temperaturas.

También te podría gustar...