12116 alcaldesa de Rairiz de Veiga

A delegada territorial da Xunta en Ourense, Marisol Díaz Mouteira, recibiu esta mañá no seu despacho á nova alcaldesa do concello ourensán de Rairiz de Veiga, Josefa Asunción Morgade Rúa, que substitúe no cargo a José Joaquín Rodríguez Ambrosio. Díaz Mouteira explicoulle á nova rexedora que o obxectivo deste encontro, solicitado por Morgade Rúa, é “coñecela, xa que que exerce o seu cargo por primeira vez, para saber cales son as súas demandas e proxectos para os próximos meses”. A delegada territorial brindoulle toda a colaboración da administración autonómica co fin de lograr o progreso e benestar deste municipio ourensán.