Manuel Baltar visita a factoría CIE-Galfor, que da emprego a 400 persoas no Polígono de San Cibrao

logo_34

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, visitou o venres pasado no Polígono de San Cibrao das Viñas, en compañía do presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez, e de persoeiros dos ámbitos institucional e empresarial a factoría de CIE Galfor, a empresa dedicada á fabricación de compoñentes para o sector da automoción, que ampliará súa actividade cunha quinta liña de produción de cegoñais, inaugurada hoxe. A factoría, na que traballan 400 persoas, xera mil empregos indirectos e prevé pechar este ano cunha facturación de 120 millóns de euros. A este respecto, o presidente da Deputación afirma: «Eduardo Barreiros, ourensán universal, estaría orgulloso do liderado internacional desta gran compañía»

O acto contou ademais de Baltar e Núñez Feijoo coa presenza do conselleiro de Economía, Francisco Conde; o alcalde de San Cibrao, Manuel Pedro Fernández, e o delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez. Por parte de Galfor participaron o presidente de CIE Automotive, Antón Pradera; o conselleiro delegado de CIE Galfor, Jesús Mari Herrera; o conselleiro executivo de CIE Automotive, Fermín del Río Sanz de Acedo; o secretario do consello de administración de CIE Galfor, Roberto Alonso; o director de división Justino Unamuno, e o director xerente da factoría ourensá, Javier Currás.

CIE Galfor está integrada nun grupo líder no sector da automoción mundial, CIE Automotive, que facturou 2.160 millóns de euros en 2014, e que conta con máis de 80 plantas no mundo, cunha plantilla de máos de 25.000 traballadores.

También te podría gustar...