Reunión de Manuel Baltar (Presidente Deputación) cos Presidentes das catra D.O. da provincial Miguel Angel Viso (Presidente D.O. O Ribeiro), Roberto Goñi (Xerente D.O. O Ribeiro), Antonio  Atanes (D.O. Monterrei), Jose Manuel Rodriguez (Presiendete D.O. Ribeira Sacra) e Vicente Solarat (Presidente D.O. Valdeorras).

Reunión de Manuel Baltar (Presidente Deputación) cos Presidentes das catra D.O. da provincial Miguel Angel Viso (Presidente D.O. O Ribeiro), Roberto Goñi (Xerente D.O. O Ribeiro), Antonio Atanes (D.O. Monterrei), Jose Manuel Rodriguez (Presiendete D.O. Ribeira Sacra) e Vicente Solarat (Presidente D.O. Valdeorras).

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar,reuniuse hoxe na sede do CRDO Ribeiro cos presidentes dos consellos reguladores das denominacións de orixe vitivinícolas da provincia de Ourense: Miguel Ángel Viso, do Ribeiro; Antonio Ángel Méndez, de Monterrei; Vicente Solarat, de Valdeorras, e José Manuel Rodríguez, de Ribeira Sacra, dentro da rolda de contactos que mantén o presidente do goberno provincial cos titulares das denominacións de orixe vitivinícolas para analizar estratexias e proxectos de promoción e dinamización deste importante sector económico.

Na xuntanza, Manuel Baltar solicitoulles aos presidentes dos CRDO que plantexenproxectos para seren incluídos nos orzamentos de 2016, que se aprobarán en setembro. Asemade, o portal web“Enourense”, de comercialización para as adegas das catro D.O. ourensáns, e a avaliación da Feira VinisTerrae formaron parte tamén dos temas tratados na xuntanza de hoxe, na cal o presidente da Deputación afirmou que o ente provincial “seguirá apoiando ás feiras e eventos relacionados coas catro denominacións de orixeda nosa provincia, iniciativa enmarcada na colaboración en materia de promoción, innovación e comercializaciónpara este sector básico da economía da provincia de Ourense”, dixo Baltar.

A Deputación de Ourense e os consellos reguladores seguirán a manter estes encontros –o vindeiro celebrarase en Valdeorras-, logo dos celebrados en Ourense e hoxe no Ribeiro, coa finalidade de planificar estratexias de promoción, modernización tecnolóxica e outras actividades vencelladas á promoción e comercialización, coa colaboración do Inorde.