Liñas de bonicación de préstamos para financiar investimentos das pemes

  • A Xunta pon en marcha as liñas de bonicación de préstamos para financiar investimentos das pequenas e medianas empresas
  • O Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte as bases que regulan as axudas para a bonificación de xuros para préstamos de ata 100.000 euros que soliciten as pemes para investir en Galicia
  • A presentación de solicitudes está aberta ata o próximo 31 de outubro e poden acollerse todas as operacións formalizadas nas entidades financeiras, con fondos ICO, desde o pasado 1 de xaneiro

 

logo_DOGO Diario Oficial de Galicia (DOG) publicou onte as bases reguladoras das axudas para a bonificación dos custos de financiamento dos préstamos comprendidos entre 25.000 e 100.00 euros para que as pequenas e medianas empresas poidan desenvolver investimentos en Galicia.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria achegará, a través do Igape, bonificacións de xuro de 1,5 puntos con carácter xeral, bonificacións que serán do 2% no caso de proxectos de emprendedores ou do sector industrial. Inclúense tamén axudas á comisión do aval financeiro, se a operación conta co apoio dalgunha das sociedades de garantía recíproca que colaboran coa Xunta neste programa.

Os préstamos poderán dedicarse a financiar activos fixos produtivos, novos ou de segunda man, vehículos industriais ou custos de adquisición de empresas. Por outra banda, ata o 50% do importe dos préstamos bonificados ao abeiro destas bases poderá dedicarse a financiar circulante.

O prazo de presentación de solicitudes ao abeiro deste programa queda aberto ata o próximo 31 de outubro, pero poderán acceder á bonificación de xuros regulada polas bases publicadas hoxe todas as operacións formalizadas nas entidades financeiras, con fondos ICO, desde o comezo deste ano.

O programa de bonificación de préstamos a pemes forma parte do programa Galicia 1000 e busca apoiar o financiamento dos investimentos empresariais na comunidade galega. Esta liña complementarase coa destinada á bonificación de xuros de microcréditos de ata 25.000 euros para apoiar os investimentos de microempresas, autónomos e emprendedores. As dúas liñas teñen como obxectivo reducir custos financeiros para facilitar o desenvolvemento de proxectos empresariais de investimento.

Mediante os programas de apoio financeiro a pequenas e medianas empresas e de microcréditos, a Xunta prevé apoiar este ano 750 proxectos de investimento de microempresas e pemes, mobilizando préstamos por importe de 45 millóns.

También te podría gustar...