Iniciativa ‘Camisetas Solidarias Vuelta 2016’, fondos para a asociación Stop Accidentes

  • A iniciativa ‘Camisetas Solidarias Vuelta 2016’ recadará fondos para a asociación Stop Accidentes
  • A venta desta edición especial de camisetas deseñadas co paso de La Vuelta 2016 por Galicia poderán adquirirse na saída e na meta de cada unha das etapas que transcorrerán pola nosa comunidade
  • A directora de Turismo de Galicia e o Secretario Xeral de Deporte participaron na presentación do proxecto promovido por Unipublic, empresa organizadora do campionato ciclista, e a Asociación Stop Accidentes

 

image_gallery (4)

 

A directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o Secretario Xeral de Deporte, José Ramón Lete, participaron na presentación da iniciativa ‘Camisetas Solidarias Vuelta 2016’ promovida por Unipublic, empresa organizadora do campionato ciclista, e a Asociación Stop Accidentes

A iniciativa consiste na venta dunha edición especial de camisetas deseñadas co paso de La Vuelta 2016 por Galicia cun obxectivo solidario: os fondos recadados irán destinados á Asociación Stop Accidentes.

As camisetas poderán adquirirse na saída e na meta de cada unha das etapas que transcorrerán por Galicia e o seu prezo será de 5 euros.

Durante o acto, a directora de Turismo de Galicia resaltou a valiosa labor que ven realizando a asociación de axuda e orientación a afectados por accidentes de tráfico dende o ano 2000, ano da súa fundación.

Neste senso, afirmou que a iniciativa constitúe unha oportunidade única para concienciar da importancia do cumprimento das medidas de seguridade e fomentar e difundir a cultura da seguridade viaria.

Así mesmo, destacou como as camisetas mostran o importante papel que xoga Galicia na 71 edición de La Vuelta ao ser o punto de partida deste gran acontecemento deportivo que conxuga a competición coa promoción turística por onde discorre e albergar as súas sete primeiras etapas.

Pola súa parte, o Secretario Xeral para o Deporte, gabou a participación de La Vuelta a España en iniciativas de carácter solidario. “A Volta é un referente de evento deportivo internacional, e tamén de actuacións solidarias. O deporte exemplifica os mellores valores, e a solidariedade atópase entre eles”, afirmou.

Asemade, quixo tamén destacar a necesaria implicación de todos na seguridade viaria. Para Lete Lasa “é responsabilidade conxunta traballar pola mellora da seguridade viaria e, por suposto tamén, por aumentar a concienciación, o que pasa necesariamente pola educación”.

Neste sentido, continuou o Secretario Xeral “temos que felicitarnos de que a bicicleta sexa unha ferramenta de ocio e un medio de transporte cada vez máis xeneralizado e con maior presenza nas núas rúas, pero elo debe acompañado dunha maior formación e concienciación no uso e manexo da bici”.

También te podría gustar...