Hoxe é a entrega de diplomas do Obradoiro de instrumentos

1Fachada DeputacinNo salón de actos do Centro Cultural “Marcos Valcárcel” terá lugar hoxe xoves, 4 de xuño, o acto de entrega de diplomas do Obradoiro de instrumentos da Deputación de Ourense, correspondentes ao curso 2014-2015.

Os cursos foron impartidos polo director do obradoiro, Manuel Brañas, contando coa colaboración de Luciano Pérez , Amador Conde e Carlos Castro. No decurso do acto, o músico Luis Delgado ofrecerá unha charla-demostración con instrumentos do mundo, titulada “Viaxes Sonoros”.

 

También te podría gustar...