H2020 Winetwork, conta con participación valderresa neste proxecto que promove a investigación e a transferencia de información entre rexións vitivinícolas europeas

A Xunta participa no proxecto H2020 Winetwork, que promove a investigación e a transferencia de información entre rexións vitivinícolas europeas.

  • O proxecto conta con socios de España, Francia, Alemaña, Portugal, Croacia, Hungría e Italia
  • Trátase dun programa financiado pola Unión Europea con 2 millóns de euros

winetwork_logoA Consellería do Medio Rural participa no proxecto europeo H2020 WINETWORK, que ten como obxectivo xeral promover a investigación e a transferencia de información e coñecemento entre rexións vitivinícolas europeas. O proxecto, que comezou en abril de 2015 e ten unha vixencia ata setembro de 2017, conta con socios de España, Francia, Alemaña, Portugal, Croacia, Hungría e Italia.

Este proxecto, financiado con 2 millóns de euros de fondos comunitarios, aplicará unha metodoloxía para a promoción de innovacións impulsadas pola demanda, implementada con éxito en anteriores proxectos europeos que liderou o Instituto Galego da Calidade Alimentaria da Consellería do Medio Rural, tales como o INTEREG IVB WINETECH e o WINETECH PLUS.

O enfoque baséase principalmente na interacción entre unha Rede de Axentes Facilitadores, dez Grupos de Traballo Técnico rexionais e dous Grupos de Traballo Científico europeos. A temática principal da rede é o control das enfermidades que poñen en perigo o futuro da produción de uva.

Viñedo de S.A.T Godeval

Viñedo de SAT Godeval

Socios do proxecto
Galicia está presente neste programa a través dun Grupo de Traballo Técnico, constituído esta semana na sede do Instituto Galego de Calidade Alimentaria. A Consellería do Medio Rural -a través do Ingacal- é socio do proxecto e coordinador do Grupo de Traballo Técnico en Galicia e A Rioxa, as dúas zonas seleccionadas en España para traballar neste proxecto europeo.

As funcións deste grupo son o asesoramento e validación da información recompilada polos axentes facilitadores e proporcionar unha macro-visión en base ás características e peculiaridades de cada rexión; así como participar activamente nas reunións e workshops organizados polos axentes facilitadores da rexión.

Así, o proxecto quedaría formado por socios do proxecto en España (Ingacal e Feuga), a Oficina Agraria Comarcal de Ribadavia, a Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia, o Laboratorio Agrario e Fitopatóloxico de Galicia, o Servizo de Explotacións Agrarias, Sanidade e Produción Vexetal da Xunta de Galicia, a Estación Fitopatolóxica de Areeiro, a empresa Alltech, Viveros López, Cooperativa Vitivinícola Arousana, Adegas Martín Codax SAU, Monnet Viticultura, Asesoría y Servicios Vitivinícolas Mesana SL, Eira Enxeñería e Consultoría Agroalimentaria e SAT Godeval.

También te podría gustar...