presentacion.certamen.bandas.de.gaitas.02

 

Gaiteiros de Galicia, Cataluña e Navarra participarán os vindeiros 25 e 26 de xullo na estación de montaña de Cabeza de Manzaneda no VI Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas “Memorial Gabino García”, un evento promovido pola Deputación de Ourense e organizado polo Concello de Manzaneda coa colaboración da Xunta de Galicia e Oca Nova Manzaneda.

O Pazo Provincial acolleu esta mañá a presentación do evento, un certame que a Deputación de Ourense ven organizando dende o ano 1991, inicialmente como Campionato Provincial de Bandas de Gaitas, logo como Campionato Nacional de Bandas de Gaitas, posteriormente como Liga Galega de Bandas de Gaitas e dende hai catro anos como Certame Celtibérico de Bandas de Gaitas.

O acto contou coa presenza do vicepresidente da Deputación, Rosendo Fernández; o alcalde de Manzaneda, David Rodríguez; o director da Escola Provincial de Gaitas, Xosé Lois Foxo, e o director xeral de Oca Nova Manzaneda, Gustavo Sanmartín.

Xosé Lois Foxo destacou do programa que o día 25 terá lugar a celebración da “Noite Celta”, na que actuarán a Banda de Gaitas do Centro Galego de Navarra, “Lapsus Gaita”, as Cantareiras da Real Banda, “Pol Lari & Meritxell Bayarri, e a Real Xuvenil. O día 26, entre as 11.00 e as 14.00 horas, terá lugar o certame coa participación das bandas “Flariz”, de Monterrei, “As Xuncos”, de Xunqueira de Espadanedo, as Bandas de Gaitas dos concellos de Verín, Riós, Vilariño de Conso e Manzaneda e a da Carballeira. O evento rematará coa entrega de diplomas e medallas.