Festa do Botelo: 3º premio no VI Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas de España e Portugal

redimensionarDurante o acto central da cuarta xornada de Xantar (onte) foron entregados ademáis os Premios Xantar 2016 que serven para celebrar a concesión ó salón da internacionalidade por terceiro ano consecutivo. Os gañadores desta edición foron:
– Premio ao Mellor Stand Restaurante: INORDE, pola súa recreación dos Entroidos ourensáns e pola cooperación público-privada que supón o menú “kilómetro cero” que presentan en colaboración con Coren, Grupo Cuevas e Viña Costeira.
– Premio ao Mellor Stand de Alimentación: Consellería de Medio Rural, por facilitar a presenza nesta feira internacional de empresas e pequenos produtores de productos certificados en calidade e por presentar o menú “Experiencias de Calidade” baseado en produtos con D.O. e I.X.P. Tamén por traer ata Expourense a exposición “Leite 100% Galega” e polos showcookigns e actividades que organizaron.
– Premio á Mellor Acción Promocional en materia de turismo. Nesta categoría foron recoñecidas dúas iniciativas. Por un lado a Deputación provincial de A Coruña, por servir de soporte para que tanto os concellos como as empresas puideran presentar os seus productos en Xantar. O outro premio recae una Cámara Municipal de Montalegre, entidade colaboradora fixa de Expourense, que presenta a súa oferta turística en todos os eventos organizados polo recinto feiral deixando ademáis espazo nos seus para promover as feiras ourensás.
– Premio á Mellor Actividade relacionada coa saúde e a nutrición: Aceites Abril que presentou nesta edición a nova colleita de aceite de oliva virxe de “Olivareiras Galegas” e organizou unha serie de showcookings nos que demostrou usos novidosos dseste produto empregado, por exemplo, para marinar e macerar froitas frescas.
Tamén foron entregados os premios do VI Concurso de Carteis das Festas Gastronómicas de España e Portugal, cuxo resultado foi:
  • 1º premio: Festa do Percebe de Roncudo de Ponteceso
  • 2º premio: Feira do Fumeiro de Felgueiras (Portugal)
  • 3º premio: Festa do Botelo de O Barco de Valdeorras
Cartel XVI Festa do Botelo do Barco, gañador do 3º premio

Cartel XVI Festa do Botelo do Barco, gañador do 3º premio

También te podría gustar...