Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín

Pequeño incendioA Consellería do Medio Rural e do Mar informou de que o incendio forestal rexistrado no concello ourensán de Nogueira de Ramuín, parroquia homónima, quedou extinguido ás 20:21 horas de onte

O lume, que se iniciou o martes ás 22:00 horas, afectou a unha superficie provisional de 153 hectáreas, das cales 100 son de monte raso e o resto de arborado. Nos traballos de extinción participaron 8 axentes forestais, 29 brigadas, 16 motobombas, 2 pas e 3 helicópteros.

A Consellería do Medio Rural e do Mar lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal.

También te podría gustar...