Éxito da ‘XII + I’ Concentración Mototurística

  • Esta fin de semana celebrouse en Trives a XII+I Concentración Mototurística, organizada polo Motoclub Os Esquios de Trives

foto6

 

A programación incluía xantar, fantásticas rutas de interior con pinchos en abundancia, animacións, música, entregas de premios e agasallos, unha ruta de bengalas como homenaxe aos compañeiros caídos nas estradas, exhibicións acrobáticas a cargo de Paulo Martinho que este ano presenta como novidade un espectáculo con Ferrari.

foto7

 

Desde a organización consideran un éxito esta concentración, na que tiveron record de asistencia: participaron 38 motoclubes (o máis lonxano desprazouse desde Tarragona). Trives estivo abarrotado de moteros e moteras toda a fin de semana. O ambiente foi espectacular, moi familiar, todo o mundo quedou encantado. Non houbo incidencias negativas.

foto4

Desde a organización, o Motoclub «Os Esquios de Trives», agradecen tanto aos motoclubes como ás persoas que se achegaron ata alí a súa asistencia e participación, e emprázanos para a vindeira, a número 14, o próximo ano.

Máis en imaxes:

foto1

foto2

foto5

foto8

foto9

foto3

 

También te podría gustar...