Ethel Vázquez aposta pola mudanza de pequenas rutinas diarias para contribuír desde a casa a unha xestión sustentable da auga en Galicia

image_gallery (3)A pregunta é , ¿por qué na presentación da mesma campaña na Coruña a semana pasada non se quixo publicar a foto na que slía o alcalse da cidade e o conselleiro correspondente? ¿Será pola ‘Marea’? Claro, en Ourense son da súa ‘Marea’.

A conselleira de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, Ethel Vázquez, aposta pola mudanza de pequenas rutinas diarias para contribuír desde a casa a unha xestión sustentable da auga en Galicia. Así o explicou onte en Ourense, na súa visita ao expositor da campaña Máis claro auga, que percorre as 7 grandes cidades galegas para fomentar o aforro no consumo.

Nesta visita tamén estiveron presentes o alcalde de Ourense, Jesús Vázquez; e o presidente da Confederación Hidrográfica Miño- Sil, Francisco Marín.

Esta iniciativa, promovida por Augas de Galicia e coordinada coa Confederación Hidrográfica do Miño–Sil, busca trasladarlle á cidadanía a importancia de actuar con responsabilidade no consumo doméstico do recurso hídrico.

A responsable de Medio Ambiente explicou que en contra do que podería parecer nunha Comunidade tan chuviosa, en Galicia non sobra auga, xa que a capacidade de almacenamento é menor que no resto de España.

Esta campaña consiste na difusión de mensaxes de sensibilización a través dos medios de comunicación, e sobre todo, en accións de rúa, como esta que hoxe se realiza na praza do Ferro de Ourense e que, logo de recalar na Coruña o pasado sábado, chegará as sete principais cidades galegas.

O obxectivo primordial desta iniciativa é informar aos cidadáns de cómo pode contribuír ao aforro de auga no seu día a día. Neste sentido, destácanse pequenas accións tan sinxelas como revisar que as billas pechen ben, lavar os dentes ou fregar a louza coa billa pechada, pechar a chave de paso en períodos como o verán, no que se deixan de usar as vivendas habituais; ou instalar nos grifos dispositivos de aforro de auga como os que se repartiron hoxe en Ourense.

Prealerta
A conselleira subliñou que o consumo responsable da auga é importante sempre, pero este ano especialmente, pois a comunidade atópase en situación de prealerta, tanto na Demarcación Galicia Costa como na do Miño-Sil.

Esta situación de prealerta vén dada polas baixas precipitacións e o aumento de temperaturas respecto dos anos anteriores.

Na Costa o nivel das reservas de abastecemento sitúase no 75% actualmente, que pese a ser inferior o do ano pasado non supoñen problemas de abastecemento a medio prazo e na demarcación do Miño-Sil as reservas son algo máis baixas. Non obstante, Ethel Vázquez aclarou que as reservas galegas atópanse por encima da media nacional (case o 60%) e agárdase que a situación mellore grazas ás chuvias dos últimos días.

También te podría gustar...