Ribeira Sacra

 

No mosteiro de San Pedro de Rocas (Esgos) tivo hoxe lugar a entrega da documentación técnica por parte das deputacións de Ourense e Lugo á Consellería de Cultura en relación á candidatura da Ribeira Sacra como Patrimonio Mundial. No acto participarán os presidentes das deputacións de Ourense e Lugo, Manuel Baltar e Elena Candia; o valedor do Pobo, José Julio Fernández, e o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez.