• Ábrese ao tráfico a nova ponte sobre o río Miño, nos Peares
  • A infraestrutura conta cunha lonxitude de case 200 metros e un ancho de 5 metros e isto posibilitará o uso compartido por parte de vehículos e peóns
  • Esta nova ponte evitaralles aos veciños un percorrido de máis de 5 km por estradas sinuosas, xa que na actualidade cruzan dunha marxe do río á outra a través da presa dos Peares, a 2,5 km dos principais núcleos de poboación
  • Para completar e favorecer os desprazamentos a pé, unha nova senda de máis de 300 metros comunicará a ponte co núcleo de casas situadas augas arriba, nos Peares, pola marxe esquerda
  • Esta infraestrutura mellorará a mobilidade e incrementará a seguridade viaria dos veciños da Peroxa, de Pantón, de Carballedo e de Nogueira de Ramuín, achegando unha mellor comunicación coa rede principal de estradas

image_gallery-4

 

A Xunta de Galicia puxo onte en servizo a nova ponte sobre o río Miño, nos Peares.

Esta infraestrutura evitará que os veciños teñan que facer un percorrido de máis de 5 km por estradas sinuosas, xa que na actualidade vense obrigados a cruzar dunha marxe do río á outra a través da presa dos Peares, situada a uns 2,5 km dos principais núcleos de poboación.

A nova ponte conta cunha lonxitude de case 200 metros e un ancho de 5 metros e isto posibilitará o uso compartido por parte de vehículos e peóns, aínda que se lle dará prioridade ao uso peonil.

Para completar e favorecer os desprazamentos a pé, unha nova senda de máis de 300 metros comunicará a ponte co núcleo de casas situadas augas arriba, nos Peares, pola marxe esquerda.

Esta infraestrutura mellorará a mobilidade e incrementará a seguridade viaria dos veciños da Peroxa, de Pantón, de Carballedo e de Nogueira de Ramuín, co obxectivo de que teñan unha mellor comunicación coa rede principal de estradas.

Estas actuacións tiveron un especial coidado coa paisaxe, protexendo un espazo de valores paisaxísticos excepcionais, por iso a ponte ten un deseño que encaixa co contorno e unha estética que minimiza o seu impacto visual.

image_gallery-5