E-motional training, proxecto de rehabilitación mental do C.H. Universitario de Ourense, premiado nun certame nacional de innovación

Convocado pola eVía -Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente- financiado polo Ministerio de Industria e a Fundación Once.

  • O Proxecto “e-motional training” para a rehabilitación de pacientes con trastornos mentais, está financiado polo Sergas e promovido desde o Servizo de Psiquiatría do CHUO
  • O premio recoñece o esforzo e a excelencia científica e innovadora das solucións e servizos no ámbito das tecnoloxías aplicadas á Saúde e a Vida Activa e Independente
Psiquiatra Alejandro García Caballero

Psiquiatra Alejandro García Caballero

O proxecto e-motional training, de aplicación das novas tecnoloxías da información á rehabilitación de pacientes con trastornos mentais, promovido desde o Servizo de Psiquiatría do Complexo Hospitalario Universitario de Ourense, recibiu onte en Madrid o premio Innova eVía na categoría de proxecto innovador.

O premio, convocado pola Plataforma de Tecnoloxías para a Saúde e a Vida Activa e Independente (eVIA), financiado polos Ministerios de Industria, Economía, Fundación Once, e a asociación empresarial (AMETIC), está dirixido ás entidades e proxectos españois que aposten pola innovación, para fomentar sistemas, servizos e produtos, baseados nas TIC, para preservar a saúde e o benestar, elevar a calidade de vida, autonomía e independenza das persoas maiores e con discapacidade, así como a integración.

Tratamento a través do xogo

O proxecto premiado é un programa de rehabilitación on line que, mediante o xogo, está destinado a mellorar a cognición social, desde a percepción de emocións á percepción social, así como a chamada Teoría da Mente e o estilo atribucional. O programa está deseñado partindo dos estudos de autismo, esquizofrenia e trastorno mental grave, e tamén é de utilidade para mellorar e manter estas habilidades na poboación san. Asemade, permite recoller información relevante para continuar investigando.

A vantaxe fundamental do xogo é a posibilidade de que os pacientes realicen traballo cognitivo desde o seu domicilio. O videoxogo, ou sistema web-based é útil en pacientes con esquizofrenia e con trazos autísticos, nos que a interacción social real poida darlles problemas. Seu uso maximiza o tempo de entrenamento e abre a posibilidade de individualizar o tratamento, adaptándoo ás características de cada paciente.

Ensaio clínico en catro hospitais galegos

Este mesmo mes de novembro estará xa dispoñible a súa segunda versión, coincidindo co remate dun ensaio clínico nos Hospitais de Día de Saúde Mental de Ourense, A Coruña, Santiago, e Vigo, así como nas Asociacións de pacientes como MOREA e DOA, polo que está previsto iniciar a súa implantación, gratuíta, na rede Sergas, e comercializalo a partir de febreiro no resto de España e a nivel internacional.

A nova versión incluirá a curtometraxe “A Festa”, dirixida polo director de “Nove Ondas”, Simone Saibene, cun guión elaborado a partir dos estudios do grupo científico de traballo, integrando cuestións de xénero, estatus, celos ou problemas amorosos, de aplicación no programa. A película conta cun reparto de recoñecidos actores galegos, e grabouse integramente en Ourense.

Ademais do curto, a financiación a través do programa PRIS-Innova Saúde do Sergas, permitiu a contratación dunha empresa de animación para a creación dunha aventura gráfica, con guión do propio equipo de Psiquiatría, e a creación dunha plataforma de software, que permitirá gardar os resultados nunha base de datos para a súa análise científica.

O proxecto e-motional training ten súa orixe nun relevante proxecto de investigación de mais de 6 anos, dirixido por Alexandre García Caballero, do Servizo de Psiquiatría do CHUO, tempo no que se deseñou a plataforma web, a preparación dos guións, e o deseño dos microxogos.

También te podría gustar...