Día Mundial da Calidade

  • A Xunta súmase aos actos de celebración do Día Mundial da Calidade organizados por Expourense
  • A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, participou hoxe na entrega dos premios a cinco empresas galegas líderes en calidade dentro dunha xornada de exaltación enmarcada na XXII Semana Europea da calidade, que conta coa colaboración do Igape
  • Destacou os servizos ofrecidos a través do programa Reacciona enfocados a lograr melloras competitivas en todos os procesos empresariais, preparando ás pemes beneficiarias para incrementar a calidade dos seus servizos ou productos e para obter as certificacións que así o acrediten
  • Dorado felicitou ás entidades premiadas e asegurou que “as experiencias que compartiron hoxe animarán a outros empresarios a seguir modelos de xestión de calidade e ambiente, dinamizando o tecido empresarial galego”

101116-calidade-expourense

 

Con motivo da XXII Semana Europea da Calidade e coincidindo co Día Mundial da Calidade, que este ano se celebra baixo o lema “A calidade transforma”, Expourense organizou hoxe unha xornada que conta coa colaboración da Xunta de Galicia. Ao abeiro desta xornada desenvolveuse a entrega dos galardóns da sexta edición dos premios “Líderes en calidade”.

Esta iniciativa ten como obxectivo sensibilizar tanto a empresas privadas como a entidades públicas da necesidade de incorporar aos seus modelos de xestión as directrices de calidade.

A secretaria territorial da Xunta en Ourense, Silvia Dorado, participou no acto de entrega de premios ás empresas distinguidas como líderes en calidade. Por sexto ano consecutivo e coincidindo con esta Xornada de Exaltación da Calidade, quíxose recoñecer a traxectoria de cinco empresas pertencentes a sectores que interesan ao cidadán como a alimentación, a sanidade, a educación ou o medio ambiente, pero tamén temas que ao empresario como é a internacionalización, nun momento no que contar con modelos de xestión convértese nun requisito á hora de exportar o produto.

Todas as empresas seleccionadas son líderes nos seus sectores, contan con sistemas de xestión e destacan polo seu compromiso coa calidade e co medio ambiente.

As empresas galardoadas son:
– Sector Alimentación: Frigoríficos de Camariñas (A Coruña).
– Sector Sanitario: Centro Médico El Carmen (Ourense).
– Educación: Aspronaga (A Coruña).
– Medio Ambiente: Xerencia de Xestión Integrada da Coruña (A Coruña).
– Internacionalización: Grupo Oca-Obras Civiles del Atlántico (A Coruña).

101116-premios-calidade

 

Como novidade nesta edición entregouse un premio especial á Cámara Municipal de Ponte de Lima, co fin de recoñecer a súa acción innovadora en cooperación transfronteiriza e o éxito dunha campaña turística organizada por esta institución lusa.

A secretaria territorial felicitou ás entidades galegas distinguidas este ano como líderes en calidade e asegurou que “as experiencias que compartiron hoxe animarán a outros empresarios a seguir modelos de xestión de calidade e ambiente, dinamizando o tecido empresarial galego”.

Dorado indicou que o Igape, a través do programa Reacciona, ofrece un servizo centrado en mellorar a xestión por procesos, que achega asesoramento especializado para facilitar melloras competitivas en todos os procesos empresariais, preparando ás pemes beneficiarias para incrementar a calidade dos seus servizos ou produtos e para obter as certificacións que así o acrediten.

101116-calidade
 

También te podría gustar...