Deputación e Federación de Atletismo organizan o Campionato de Galicia Absoluto, que se celebra nas pistas de Monterrei

Presentacion.campionato.galego.atletismo.01

 

Na sala de xuntas do Pazo provincial tivo lugar onte a presentación do Campionato de Galicia Absoluto de Atletismo en Pista, que se celebrará o vindeiro sábado nas pistas “Josefina Salgado” do complexo deportivo de Monterrei (Pereiro de Aguiar). O evento, organizado pola Deputación de Ourense e pola Federación Galega de Atletismo (FGA), reunirá a máis de 540 atletas que competirán nas modalidades de velocidade, lanzamento e salto. O acto de presentación contou coa presenza de Rosendo Fernández, vicepresidente da Deputación de Ourense; Mario Guede, xefe do Servizo Provincial de Deportes; Ángel Fidalgo, secretario Técnico da FGA en Ourense; Virxilio Rodríguez, vicerreitor do Campus de Ourense; Manuel Blanco, delegado da FGA en Ourense, e Bernardino González, asesor de Deportes da Deputación de Ourense. Rosendo Fernández destacou que esta actividade deportiva “converte esta fin de semana a Ourense no punto de referencia do atletismo galego e nacional, algo que a Deputación de Ourense apoia por representar o deporte valores tan importantes como o traballo, sacrificio, superación e competitividade”.