Cultura e Educación promove no Gaiás a celebración dunha xornada ‘Getting contacts! coa participación de máis de cen emprendedores

museoA Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promove o vindeiro 23 de abril no Gaiás unha nova xornada Getting Contacts!, na que xa están inscritos máis de cen emprendedores galegos. A xornada, que arrancará ás 9:30 horas na Sala Eisenman, busca poñer en contacto a empresarios e investidores, tecer redes de negocio e facilitar o networking entre os inscritos, que xa supera o centenar.

Nas xornadas Getting Contacts!, realizada en colaboración co Concello de Santiago, os participantes teñen a posibilidade de entrevistarse cun mínimo de dez empresarios con intereses comúns para atopar novos clientes e proveedores, novos socios e proxectos, mellorar a súa rede comercial e atopar potenciais investidores. A fórmula do Getting Contacts! baséase precisamente na creación dunha axenda personalizada para cada participante segundo os seus intereses, posibilitando que as entrevistas realizadas sexan dunha alta efectividade.

A Cidade da Cultura comparte obxectivos de emprendemento co Concello de Santiago, o Igape, a Rede Emprendia, a Rede Eusumo, a Cámara de Comercio de Santiago, Instituto Campus Stellae, Escola de Negocios da Fundación ou a Asociación de Jóvenes Empresarios para establecer sinerxías entre o mundo da empresa e a cultura que permitan facer das industrias creativas un sector forte e competitivo.

También te podría gustar...