la foto 1

 

Convocados pola Plataforma de Emigrantes Retornados de Valdeorras, os emigrantes retornados da nosa comarca volveron concentrarse diante de Facenda, no Barco. As reivindicacións continúan a ser as de sempre: modificar a lei dos dous pagadores, eliminar o carácter retroactivo, aceptar a convalidación das invalideces, tal e como chegan dos países estranxeiros, convenios bilaterais e seguridade social.

As mobilizacións continuarán nos próximos meses ata que os emigrantes reciban un trato xusto como merecen.

la foto 3