CCOO Ensino Ourense insta a empresarios e administración a que asistan as reunións dos consellos sociais dos CIFP nos que están designados

  • Administración e empresarios non acuden os consellos sociais dos centros intregrados de FP (CIFP)
  • Os empresarios Ourensáns e algúns membros da administración non asisten nunca as reunións dalgúns CIFP

CCOO EnsinoCCOO Ensino Ourense denuncia a falta de compromiso dalgúns dos membros da administración e dos empresarios Ourensáns que están designados para formar parte dos consellos sociais e non aparecen nas xuntanzas que se celebran.

CCOO Ensino Ourense lembra da importancia destas reunións onde os representantes de consellerías como a de economía, emprego e industria, así como os empresarios son fundamentais para determinar a formación que mais se adapta ás necesidades do tecido industrial da nosa provincia.

CCOO Ensino Ourense lembra que os consellos sociais teñen entre as súas funcións aprobar os orzamentos e balance anual, programación do centro, establecer vínculos cos sectores produtivos de maneira que permita un maior achegamento do estudantado e un largo etc de competencias, que sen a participación de todos os actores sociais é imposible levar a cabo.

CCOO Ensino Ourense considera intolerable que a administración encargada do “emprego” e “industria”, que debería ser unha das mais interesadas en coñecer e aportar sobre a formación profesional, mostre un interés nulo na participación dos consellos sociais nos que están designados.

 

También te podría gustar...