Baltar en prol dunha normativa que favoreza o financiamento local

  • Manuel Baltar defende unha nova normativa que favoreza o financiamento local
  • O presidente da Deputación de Ourense participou onte na Xunta de Goberno da FEMP, que acordou solicitar ao Goberno leis que reforcen a autonomía municipal e garantan a concellos e provincias recursos suficientes para desenvolver as súas competencias

0 0 0 MB e Femp 29marzo16 (1)

 

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou onte en Madrid na reunión da Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) na que se acordou solicitar ao Goberno de España leis que reforcen a autonomía municipal e garantan a concellos e provincias os recursos suficientes para o desenvolvemento das súas competencias. Manuel Baltar defende unha nova normativa que favoreza o financiamento local, afirmando que as deputacións «son clave para a recuperación económica fronte á crise que afecta á sociedade e, sinaladamente, aos concellos», subliñando que é necesario «incrementar a eficiencia destes gobernos locais intermedios e acometer unha reforma de competencias, de financiamento e do réxime electoral, que permita a elección directa dos deputados», segundo declarou o presidente provincial ao remate da reunión.

Baltar considera que as deputacións deben ser «plataformas de servizos para os concellos e os cidadáns», e sitúa aos servizos sociais, a xestión medioambiental e as infraestruturas como os tres piares fundamentais desa plataforma de xestión supramunicipal. Neste sentido Baltar entende que «modernidade, axilidade na xestión, aforro e eficacia», son os elementos que deben presidir a xestión integral das deputacións, «cuxo papel no futuro considera clave para a pervivencia dos milleiros de pequenos e medianos concellos de España», afirma, remarcando a importancia de desenvolver leis que avoguen por «unha administración, unha competencia e un financiamento».

Na reunión de onte, a Xunta de Goberno da FEMP solicitou unha reunión co ministro de Facenda en funcións para modificar a regra que determina o teito de gasto, e pedirá que a devolución das liquidacións negativas da Participación das Entidades Locais nos Ingresos do Estado (PIE) poida aprazarse vinte anos, e que as achegas económicas das entidades locais a proxectos co-financiados pola UE non se tomen en consideración á hora de calcular o teito de gasto.

También te podría gustar...