A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense aproba axudas por valor de 11.834 euros para infraestruturas da provincia.

Xunta de Goberno 13/11/15

Xunta de Goberno 13/11/15

 

A Xunta de Goberno da Deputación de Ourense celebrada esta mañá no Pazo Provincial aprobou axudas por valor de 11.834,40 euros para os ámbitos de infraestruturas de concellos da provincia de Ourense. Así o informou esta mañá a deputada de Transparencia e Goberno Aberto da Deputación de Ourense, Montserrat Lama, quen deu conta dos acordos da Xunta de Goberno correspondente ao venres 13 de novembro.

En concreto, aprobou por un importe total de 5.834,40 euros unha axuda a favor do Concello de Punxín para o transporte colectivo de persoas dependentes. Asemade, a Xunta de Goberno aprobou unha axuda por importe de 6.000 euros a favor do Concello de Xinzo de Limia para o peche acristalado do Centro Social.