• Anxo Rei presenta ‘Rosa’ o seu novo disco, hoxe a partir das 20:30 horas no Teatro Lauro Olmo do Barco de Valdeorras
  • No acto, de entrada libre, o cantautor de Rubiá estará acompañado polo escritor Delfín Caseiro
Anxo Rei na súa casa

Anxo Rei na súa casa

 

Cartel

Cartel

 

‘Rosa’ é o último traballo de Anxo Rei, un disco producido e arranxado por Jorge F. Ojea, no que o cantautor valdeorrés interpreta cancións súas e lle pon música e voz a poemas de Rosalía, Celso Emilio, Xosé R. Ferrer, Darío Xoán Cabana e Pablo Neruda.

Para a gravación Anxo Rei (música e voz) contou cos violíns de Eunice Santos e as guitarras, teclados e programacións de Jorge Fernández Ojea. Foi mesturado e masterizado por Carlos Díaz en PullPush Estudios de Madrid. A fotografía da contracapa do disco (que tamén é a do cartaz da presentación) é de Gonzalo Álvarez Fresco e o deseño gráfico do álbum é de Joli Domínguez.