Activo o lume en Castro de Beiro, controlado en Entrimo e en pereiro de Aguiar e estabilizado en Viana do Bolo

Pequeño incendio en A Rua

Activo Ourense Continúa activo o lume rexistrado no concello de Ourense, parroquia de Castro de Beiro, que se iniciou ás 00:10 horas desta madrugada. Segundo estimacións provisionais, a superficie afectada está arredor de 30 hectáreas. Nos traballos de control levan participado 9 axentes forestais, 23 brigadas, 11 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 1 avión.

Estabilizado Viana do Bolo Estabilizado desde as 12:40 horas o lume rexistrado no concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, tras comezar onte ás 21:38 horas. Segundo estimacións provisionais, afecta a 200 hectáreas de Rede Natura. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 12 brigadas, 7 motobombas, 1 pa, 1 helicóptero e 1 avión.

Controlado Entrimo Permanece controlado desde as 17:00 horas desta tarde o lume iniciado ás 17:50 horas de onte no concello ourensán de Entrimo, parroquia da Pereira. Segundo estimacións provisionais, afecta a 50 hectáreas dentro do Parque Natural Baixa Limia-Serra do Xurés. Na extinción deste lume levan traballado 1 técnico, 5 axentes forestais, 17 brigadas, 9 motobombas, 7 helicópteros e 6 avións.

Controlado O Pereiro de Aguiar
Está controlado desde as 16:02: horas o lume rexistrado no concello ourensán do Pereiro de Aguiar, parroquia de Vilariño. Segundo estimacións provisionais, afecta a 30 hectáreas de superficie. No seu control levan traballado 5 axentes forestais, 15 brigadas, 10 motobombas, 10 helicópteros e 9 avións.

También te podría gustar...