A Xunta súmase á concentración de condena convocada polo CHOU polo acto de violencia de xénero que acabou coa vida dunha paciente

Concentración CHOU asasinato

 

A entrada principal do Chou acolleu onte á mañá a concentración do persoal do hospital ourensán para condenar o acto de violencia de xénero que acabou coa vida da paciente de 65 anos de idade, Isabel Fuentes, que levaba ingresada no complexo hospitalario dende o 3 de abril. O delegado territorial da Xunta en Ourense, Rogelio Martínez, sumouse a este acto de repulsa. Durante a concentración mantívose un minuto de silencio.

También te podría gustar...